deseño e xestión de proxectos culturais con perspectiva social
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
[…]
Por igual é o noso segundo campamento de verán en Muxía. Nenos e nenas que traballan e reflexionan sobre a igualdade entre sexos a través da creatividade, a multidisciplinariedade e o pensamento crítico. Que máis queremos?
Por fin podemos participar nun evento sobre o rol da muller no eido do software libre! Unha xornada que terá lugar o vindeiro día 26 de setembro de 2014 en Santiago. Apúntate en http://osl.cixug.es/freeday4girls/
Unha viaxe que parte do coñecemento da orixe da vida, de xenética e bioloxía, pasando polos alimentos, a cociña, a tecnoloxía e a filosofía. Biotecnoloxía, bioética e arte para nenos e nenas. En 5 días!
Ponte a Londres é un proxecto de normalización lingüística e intercambio cultural virtual, pero sobre todo, é un proxecto de colaboración en torno á lingua galega,entre tres colexios de Pontevedra e un de Londres.
Porque cremos no hardware e software libre, colaboramos con esta iniciativa formativa con obradoiros tecnolóxicos: Makers, venta on-line, ferramentas tecnolóxicas para o traballo e microwebs. Preparándonos para o futuro!
Noites abertas é un programa da Concellaría de Xuventude de Pontevedra que pretende dar alternativas de ocio á mocidade. NXC colabora dende fai tempo e de distintos xeitos nesta iniciativa, sendo este o segundo ano no que nos facemos cargo do deseño da app. Noites vai xa pola súa 15ª edición e foi evolucionando en virtude dun espíritu común que o anima dende as bases, convertíndose nunha auténtica experiencia de participacion social.
O proxecto “En Muxía se queres, podes” ofreceunos a posibilidade de colaborar cun montón de xente da que aprendimos unha chea de cousas. Empezando polos nenos e nenas de Muxía, cos que disfrutamos das tardes dos xoves e venres dende novembro de 2013 ata xaneiro de 2014. A encargada de levar adiante o programa foi Palmira, coa axuda de Sagrario e Lúa, moitas grazas ás tres! Ademais contamos coa colaboración de Guillermo Cordeiro e os Alex cos que o pasamos xenial xogando coas placas de ARDUINO, ás que lle insertamos unhas rodas feitas na impresora 3D, luces e incluso bluetooth, e acabamos convertindo en auténticos robots!
Porque é o momento de impulsar o coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social. Porque a cooperación é decisiva á hora de desenvolver iniciativas culturais e porque a cooperación e a creatividade son aliadas necesarias para afrontar os retos do futuro. A economía social como resposta. Xornada sobre Cooperativas no Sector Cultural.
Un encontro entre creadores e emprendedores do sector cultural e profesionais do mundo da empresa. Isto foi Economía & Cultura, cinco xornadas dedicadas a fortalecer o tecido cultural e creativo galego e a analizar o seu papel na nova economía.
Un campamento de verán diferente, creativo, que favorece a reflexión, a motivación e a capacitación dos nenos e das nenas en Muxía! E Mimadriña!
Porque cremos noutros formatos e estilos de emprendemento, colaboramos na organización desta Xornada onde participaron axentes de sectores tan variados como a música, a agricultura, a tecnoloxía, a xestión cultural… porque outro emprendemento é posíbel!
O tratamento masivo de datos, a análise, a investigación… para iso serve R, unha ferramenta en SWL de análise estatístico. A I Xornada de Usuarios R celebrouse en Santiago en outubro de 2013, e NXC colaborou na súa organización e deseño.
A coordinación do mercado da Feira Franca de Pontevedra é, dende 2009, un dos principais proxectos de Nova Xestión Cultural. Ano tras ano queremos contribuir a que esta Feira sexa cada vez máis atractiva, participativa e acorde coa época, formando parte do equipo de organización e coordinación da mesma.
A LSWC’12 foi un punto de encontro e intercambio de coñecemento sobre novidades, iniciativas e proxectos en software libre desenvolvidas a nivel estatal e internacional, grazas á participación de expertos e profesionais de diferentes países. O evento resultou ser unha potente ferramenta de comunicación para a difusión do software libre aplicado a ámbitos como a economía, a sociedade e as administracións.
Dende 2010, NXC colabora co Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra en diferentes aspectos do progama Noites Abertas. Comezamos coa avaliación externa do mesmo, resaltando o seu enorme potencial dinamizador e implicador da xuventude, pero tamén temos participado en labores de comunicación. En concreto en 2013 fixémonos cargo da web, do deseño gráfico e por primeira vez da aplicación para dispositivos móbiles.
A Xornada “A agricultura de sempre nos mercados de hoxe” para a agricultura tradicional, temática que hoxe é de máxima actualidade, xuntou aos principais representantes do tecido agrario e vitivinícola de Galicia, baixo o apoio do Concello de Pontevedra.
Cápsulas de emprego pretende favorecer novos modelos e contidos de emprendemento no colectivo xuvenil. Este proxecto foi presentado no ano 2010, cando ninguén falababa de emprendemento. E ninguén apostou por el. Agora que todas as administracións apoian o emprendemento, botamos a vista a atrás…
A finalidade principal desta actividade, celebrada en febreiro de 2012 na Cidade da Cultura, foi ser un espazo de encontro entre axentes representativos do tecido cultural e empresarial, especialmente de Galicia.
Colaboramos na redacción do Plan de Dinamización do Local de Música de Pontevedra, xa en 2009…
NXC participou activamente na dinamización da Rede Galega de Locais de Ensaio, iniciativa que permitiu que moitos grupos e solistas noveis do noso territorio dispuxesen de espazos insonorizados e equipados nos que poder ensaiar e incluso gravar as súas creacións.
Un proxecto de achegamento cultural transfronterizo entre Galicia e o Norte de Portugal baseado na música e na tecnoloxía
En Galicia hai máis dun milleiro de grupos musicais formados por mozas e mozos menores de 30 anos. En marzo de 2010 logramos convocar a preto dun cento destes grupos no Encontro Galego de Música Xove co fin de dar visibilidade ao gran potencial musical e creativo da mocidade galega.
O evento supuxo unha oportunidade de intercambio de experiencias entre os principais axentes culturais (especialmente do sector musical) e os grupos noveis e semi-profesionais de Galicia.
Unha das primeiras colaboracións de Nova Xestión Cultural e o software Libre, xunto con AGASOL…