quen somos
En Nova Xestión Cultural somos así:
-A cultura non é un sector pechado, é transversal e multidisciplinar; é ciencia, é arte, é educación…
-Cremos na cultura aberta e na lingua como sinal de identidade e ferramenta de creación.
-Somos dúas persoas que traballan en rede con moitas persoas de diferentes eidos. Todo se relaciona con todo. E que cada quen que faga o que mellor sabe facer ou o que máis lle preste.
-Facemos o que nos peta. Non temos nin xefxs nin horarios.
-Non hai xerarquías, pero sí responsabilidades.
-Traballamos dende casa, non temos oficina. En realidade, traballamos dende calquera lugar.
-Adoitamos traballar por proxectos.
-Viaxamos e observamos, ver con outra mirada a nosa propia realidade.