Feira Franca de Pontevedra

recorte

A Feira Franca  baséase no privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración.

A coordinación das mesas de particulares, da hostalería, e do mercado  da Feira Franca de Pontevedra é, dende 2009, un dos principais proxectos de Nova Xestión Cultural. Ano tras ano queremos contribuir, xunto co Departamento de Cultura do Concello de Pontevedra a que esta feira sexa cada vez máis atractiva, participativa e acorde coa época.  Máis de 500 postos de alimentación, artesanía, oficios e mesas de xantares atraen a máis de 100.000 visitantes a este evento, un dos máis importantes do Estado no eido das feiras medievais.

Deseñamos e organizamos, ademáis, actividades lúdicas e divertidas para nenos e nenas, contando coa colaboración de xente tan marabillosa como Daniel Diéguez, Pedro Brandariz, A Gata Moscovita, Mimadriña, etc.

FEIRA FRANCA 2F Caba aF meiroFF1