A costa das mulleres | Experiencias de mulleres da Costa das Morte
Un proxecto audiovisual impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Costa da Morte e que convida a reflexionar sobre o rol das mulleres dende distintas perspectivas laborais e vitais.
O desenvolvemento social, cultural e económico tamén é cousa das mulleres. Cómpre lembralo e cómpre visibilizado porque hai moito traballo que non se ve; e moito do que, en demasiados casos, non somos conscientes. O traballo silencioso, o traballo mal remunerado, o traballo dos coidados permite o funcionamento da nosa sociedade e ten un impacto económico tan pouco tanxible como incuestionable.
A costa das mulleres son oito pezas que dan idea da importancia que as mulleres teñen no desenvolvemento económico e social das nosas vilas e comarcas, e a través das que se fai evidente o escaso recoñecemento que se lles da. Porque os nosos traballos seguen sendo invisibles.
Dorinda, Florentina, Isabel, Carmen, Dolores, Josefa, María Teresa, Lucía e Liana son as mulleres que xenerosamente abriron as portas da súa vida.
