(R)EVOLUSION
CARA MODELOS DE NEGOCIO BASEADOS EN SOLUCIÓNS TIC DE CÓDIGO ABERTO
O software de código aberto como elemento de cambio no sector TIC, dende a súa estrutura, até as estratexias competitivas levadas a cabo polas empresas, e como está a marcar un punto de inflexión na evolución do mercado.
Durante a xornada artelláronse grupos de traballo destinados a tratar cuestións relativas a diferentes ámbitos; como as tecnoloxías de código aberto están a mudar e provocar novos modelos de negocio, como sacar o maior proveito do traballo colaborativo participando activamente no libramento de código fonte e cales son os aspectos a ter en conta en canto a legalidade, cultura e comportamento.
Nova Xestión Cultural colaborou nos labores de deseño e organización desta xornada, estructurada en base a tres elementos:
• Publicación de código e licenciamento.
• Modelos de negocio de empresas de software libre.
• Xestión de comunidades de desenvolvemento.