Arousa Norte en Conserva

an SONY DSCfoto arousa 1

Un proxecto onde creatividade, cultura, economía e, sobre todo, colaboración, son os elementos fundamentais. Así foi Arousa Norte en Conserva, un proxecto impulsado dende a Mancomunidade Arousa Norte no que se favoreceu a dinamización turística a través da creatividade e o mundo da conserva. Coa participación activa de Conservas y Ahumados Lou, Conservas Luis Escurís Batalla e Conservas Ramón Franco, e a través dunha convocatoria de propostas creativas para packaging, achegámonos a un mundo interesantísimo e que é preciso poñer en valor: a conserva como ferramenta de desenvolvemento local. Grazas a pequenas empresas que fan as cousas con paciencia, con cariño e con moito saber, a cultura vive.

Coa colaboración de Mimadriña, Víctor González e fotos de Etel Bande.

http://arousanorteenconserva.com