Conversas sobre a menopausa

Proxecto impulsado dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña.

Con motivo do 28 de maio “Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres” a área de Igualdade da Deputación da Coruña organizou en 2020 o ciclo en liña “Conversas sobre a menopausa”. O obxectivo deste proxecto é ofrecer cinco conversas con profesionais de diversos eidos amosando unha visión realista e normalizadora da menopausa; rompendo estereotipos e fuxindo da súa patoloxización. Baixo un formato de entrevista, as xornalistas Sonia López e Marián Fernández conversan con: Carme Valls, endocrinóloga e unha das pioneiras do Estado en incluír a perspectiva de xénero na medicina, Anna Freixas, psicóloga e xerontóloga feminista, Rosa Almirall, xinecóloga e sexóloga, Cristina López Villar, doutora en ciencias da actividade física e o deporte e profesora da UDC e Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga e profesora da USC.

https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/proxectos/conversas-sobre-menopausa-conmemoracion-do-dia-da-saude-das-mulleres