Cooperativas no sector da cultura. A economía social como resposta

Nova Xestión Cultural colaborou na organización da xornada sobre Cooperativas no sector da Cultura, celebrada en novembro de 2013 na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e impulsada dende a Dirección Xeral de Cooperativismo e Economía Social da Xunta de Galicia. O obxectivo desta xornada foi impulsar o coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social. Porque a cooperación é decisiva á hora de desenvolver iniciativas culturais. E porque a cooperación e a creatividade son aliadas necesarias para afrontar os retos do futuro.