Libre Software World Conference 2012
A LSWC’12 foi un punto de encontro e intercambio de coñecemento sobre novidades, iniciativas e proxectos en software libre desenvolvidas a nivel estatal e internacional, grazas á participación de expertas e profesionais de diferentes entidades (Google, Libre Software Foundation, Goberno de Brasil…) e países (Estados Unidos, Brasil, Austria, etc). O evento resultou ser unha potente ferramenta de comunicación para a difusión do software libre aplicado a ámbitos como a economía, a sociedade e as administracións. Nova Xestión Cultural formou parte do equipo de deseño e organización deste importante evento xunto con AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) e tivemos a sorte de coñecer e escoitar a xente tan interesante como Christian Felber.