De igual a igual. Campamento de verán en Muxía

DDende o concello de Muxía e Nova Xestión Cultural, xunto con Mimadriña facemos unha proposta creativa, lúdica, transformadora e motivadora que parte da nosa propia realidade e paisaxe e na que propoñemos implicar á comunidade a través dun diálogo interxeracional para loitar por unha sociedade que tome conciencia da necesidade de avanzar na eliminación das desigualdades entre mulleres e homes que aínda persisten ,apostando polo empoderamento da xente máis moza do concello, polo seu potencial creativo e proactivo que favoreza unha sociedade crítica ante as desilgualdades, a través do traballo en equipo, favorecendo o respeto do/a outro/a e a escoita activa, adaptando todo o proxecto e os contidos ao territorio.

O obxectivo deste campamento urbán e o de axudar aos cativos e cativas a soñar e a facelo realidade, a tomar conciencia do seu propio ser creativo e a súa autoestima, favorecendo cidadanía crítica, persoas positivas que vivan en igualdade.

A motivación deste proxecto é a motivación da cultura creativa en igualdade, emprendedora e empoderadora entre os nenos e nenas, cun enfoque cara  condutas e actitudes de colaboración, coordinación, superación de conflictos, con base na creatividade e a innovación, adaptado a acción educativa a un territorio e a súa identidade para así favorecer de modo positivo o afianzamento de conductas igualitarias.

En definitiva propoñer un programa diferente aos tradicionais campamentos de verán.

Blog do campamento: campamentodemuxia.eu

MUXI1 MUXI2 MUXI3