Encontro galego de música xove

 

O Encontro Galego de Música Xove 2010 formou parte dun programa máis global, chamado Música Xove, que tivo como finalidade apoiar o talento e a creatividade da mocidade como factor estratéxico de desenvolvemento para Galicia. Neste programa, a música foi o elemento transversal para a xeración e difusión de políticas de xuventude.

O aspecto máis positivo desta iniciativa foi o cumprimento do seu obxectivo principal: ser un punto de encontro entre os axentes do sector musical galego e  unha oportunidade para que grupos noveis e semi-profesionais se desen a coñecer. 

Ao longo da xornada, os centos de rapaces e rapazas que asistiron poideron participar dun programa que incluía obradoiros, clases maxistrais e concertos en pequeno formato, así como dunha pequena feira musical onde máis de 12 exibidores (produtoras, grupos e outros axentes) puideron dar a coñecer os seus produtos e proxectos.

AuditorioIIMesa rEntrega acreditacions