Encontro Internacional Economía e Cultura 2012

 

O Encontro Internacional de Economía e Cultura celebrouse os días 16 e 17 de febreiro de 2012 na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Trátase dunha iniciativa promovida pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, baixo a supervisión de Marcos Lorenzo, e contando coa colaboración Nova Xestión Cultural no desenvolvemento de contidos, organización e xestión xeral do evento.

A finalidade principal desta actividade foi  ser un espazo de encontro entre axentes representativos do tecido cultural e empresarial, especialmente de Galicia. A realidade actual de dificultade sobre todo para o financiamento de proxectos culturais é un elemento fundamental para xustificar este Encontro; pero máis aló de atopar novas vías de financiamento, do que se tratou foi de facilitar o achegamento entre axentes que non están acostumados a traballar conxuntamente, sobre todo por descoñecemento. Con presenza de relatores nacionais e internacionais, do eido público e privado: Pia Areblad (TILLT), Juan Paz (Estrella Galicia), Féliz Lozano, Rafael de Ramón, etc, etc.

Programa do Encontro Economía e Cultura 2012 (PDF)

IMG_05933120216_creatividade