Híbridas en Santa Clara
Híbridas en Santa Clara é unha proposta arredor da música e das artes escénicas na que se mesturan diferentes intereses artísticos, fusionando disciplinas e dando lugar a unha programación que combina elementos creativos de diversas procedencias.
A mestura de conceptos, estilos, formatos e, sobre todo, o contraste entre o espazo e os contidos é o que caracteriza este proxecto que incorpora propostas galegas e do resto do estado.
En definitiva, creacións diversas nun espazo tan singular como é a igrexa do Convento de Santa Clara,
no corazón de Pontevedra.
