I Xornada Usuarios R en Galicia 10 outubro 2013

A I Xornada de Usuarios R en Galicia nace co obxectivo de xuntar á comunidade galega de usuarios de R nun mesmo foro en Santiago, e coa intención de por en común as experiencias e os traballos que se están a realizar na nosa comunidade autónoma para ter unha visión global das oportunidades e os campos de acción desta ferramenta e interactuar persoalmente cos profesionais que están a utilizala. A xornada contou coa participación de importantes profesionais do sector da saúde, universitario, investigador e empresarial que son referencia en Galicia no uso deste software.

Que é R?
R é un software, multiplataforma, orixinariamente deseñado para a análise estatística e a realización de gráficos que, nestres intres, estase a utilizar en numerosos campos relacionados, dun ou doutro xeito, coa estatística (xenómica, biomedicina, econometría, big data, bioloxía, …).  R está considerado actualmente a lingua franca do analista de datos. Seu uso e desenvolvemento é mundial e global, a través da colaboración de universidades como Harvard ou Yale e empresas tan importantes como Google ou Bank of America

R GAL1R GAL6