III Encontro Provincial pola Inclusión

O III Encontro Provincial pola Inclusión é un evento impulsado polo departamento de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra e celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2018 en Pontevedra. Durante dous días tivemos a oportunidade de reflexionar e resaltar o papel e o esforzo das persoas con diversidade funcional, ademais de darlle visibilidade ao traballo que diferentes entidades da provincia de Pontevedra desenvolven neste ámbito.