O rural de todas

Proxecto audiovisual impulsado dende a área de de Igualdade da Deputación da Coruña.

Durante o verán de 2020 arredor de 50 nenas e nenos e 10 mulleres referentes de 5 concellos da provincia participaron na creación do documental co apoio dun equipo de profesionais do audiovisual. “O rural de todas” é unha mestura de diferentes perfís e experiencias, onde se xuntan un feixe de mulleres diversas e de distintas xeracións que falan dende o seu sentir, reivindicando e resignificando o papel das mulleres no rural, amosando as realidades dun rural que é o rural de todas.

O documental está dispoñíbel en: youtube