Xornada outro emprendemento é posíbel

Dentro do programa de formación para o emprego Pisando Forte 2013, Nova Xestión Cultural tivo a oportunidade de colaborar na coordinación de relatores e contidos da xornada “Outro emprendemento é posíbel”  Esta xornada plantexouse como un punto de intercambio de experiencias máis aló do que entendemos como emprendemento tradicional que tan só procura o beneficio económico. Falouse de economía social, de responsabilidade co entorno, de colaboración, de igualdade… e como non, tamén das dificultades que atopamos no camiño.

 

 

Participaron:

Sociedade Cooperativa Galega Tagen Ata Lingua e Comunicación

Produtora creativa Illa Bufarda

Ángel Acuña Paz experiencia de formación na Berklee College of Music

Horta de cultivo ecolóxico Biochousa

Asociación Galega de Software Libre

A xornada foi clausurada pola actuación teatral: “Emprendo, logo existo”.