Paseantes 2016
14 concertos en tan só dúas xornadas encheron de música as rúas e prazas de Pontevedra os días 29 e 30 de xullo de 2016. Paseantes é unha iniciativa promovida polo departamento de Festas do Concello de Pontevedra, na que temos o gustazo de participar, e que ten como finalidade achegar diferentes estilos musicais á cidadanía.
En total foron dous días nos que puidemos gozar de concertos en pequeno formato espallados por distintos espazos da cidade. Paseantes é un roteiro musical a pé de rúa que xoga especialmente co factor sorpresa…