Ponte a Europa
Un ano máis, os nenos e nenas dos coles de Xeve, Campañó e Lérez (Pontevedra) poderán achegarse a outras realidades a través da tecnoloxía. Grazas ao videoblogue ponteaeuropa.gal, comunicaranse en galego con persoas de lugares tan diferentes como Zadar, Helsinki, Oxford, Berlín, Sheffield, Cork… Neste proxecto contamos coa colaboración de Mimadriña, Víctor González e Isaac Xubín e todo o apoio e confianza, un ano máis, do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
http://ponteaeuropa.gal/