Ponte a Londres

pontealondres

Ponte a Londres  é un proxecto de normalización lingüística e intercambio cultural virtual, pero sobre todo, é  un proxecto de colaboración  en torno á lingua galega, no que participa  o alumnado dos CEIP San Benito de Lérez,  Santo André de Xeve , Parada-Campañó  e o  Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres e está impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

O espazo Pontealondres.eu está concebido para intercambiar e construír experiencias da vida cotidiá entre a rapazada do rural do concello de  Pontevedra e o alumnado de lingua galega do Cañada Blanch de Londres.  Combínanse sesións presenciais, videoconferencias e  un blog onde os nenos e nenas dos coles involucrados no proxecto falan do seu entorno e achéganse a outros xeitos de vida, tendo como elemento motivador a normalización da lingua galega.

Cando nos embarcamos neste proceso, tivemos claro dous obxetivos;  por un lado favorecer novos espazos e formatos do uso do galego e  por outro, contribuír na  aprendizaxe e uso de ferramentas TICS en galego  e baseadas en Software libre.

Estamos realmente orgullosas de Pontealondres.eu e moi agradecidas a todas aquelas persoas que están poñendo todo o seu empeño en levalo adiante; as/os profes que se involucraron dende o principio, o departamento de normalización lingüística do concello e en especial  Palmira (Mimadriña.com) e Victor González, que traballan arreo no deseño e dinamización do blog e das sesións presenciais.

+ info e web do proxecto: http://pontealondres.eu/

 IMG_20140320_132815ponte2