Ponteverán
Ponteverán é un dos proxectos recentes máis queridos, porque de ideas peregrinas que nos iban xurdindo naceu un proxecto moi sólido e pensamos que útil. Durante unha semana de verán, os nenos e nenas de Pontevedra puideron achegarse con actividades divertidas e diferentes a temas tan complexos e simples á vez como biotecnoloxía, consumo responsable, xenética, arte e ciencia, gastronomía, ecoloxía… un lecer crítico e construtivo; aprender, crear e pasalo ben é prioritario para avanzar.
Con xente tan interesante e creativa como Manuel Vicente, Mónica Bello, Daniel Diéguez, Manuel Mosteiro… e o Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra!