Por igual
Os nenos e nenas de Muxía son moi especiais. É un gusto poder traballar e falar con rapaces e rapazas tan creativos e intelixentes, con ganas de aprender e sorprender. O talento está en todas partes, e é fácil de atopar, só hai que querer busca-lo. Este non é un proxecto educativo, pero en tódolos nosos traballos tentamos que todos aprendamos algo novo. Este verán de 2014 , con este campamento “Por Igual” descubrimos a Pollock, a Picasso, aprendimos a facer instrumentos, a aproveitar o que o mar nos trae para construir obxectos; escoitamos e fixemos música… case nada!
Máis info en http://campamentodemuxia.eu/
Grazas de novo a Palmira e a Victor, uns verdadeiros tesouros preto do mar.