Programación campaña Liberdade de ser e sentir!

Inciativa impulsada dendea área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día das diversidades sexuais”. A programación combinou accións en liña e presenciais dirixidas á comunidade educativa.

  • Actividades para público infantil: 15 obradoiros presenciais en 15 concellos da provincia A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro orientados á rapazada de 5 a 7 anos nos que achegarse mediante o xogo ás diversidades afectivo-sexuais co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados.
  • Actividade para a mocidade: xogo de pistas en liña co que traballar arredor das diversidades afectivo-sexuais de xeito cooperativo.
  • Actividade para familias e docentes: O sábado 2 de xullo de 2022 celebrouse en Betanzos a palestra a cargo da psicosexóloga Martina González Veiga na que se aclararon conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.
  • Recursos web: A web de SER E SENTIR ofrece información e recursos para que concellos e entidades poidan traballar coa veciñanza.