Salón do Libro de Pontevedra

Colaborar no Salón do Libro de Pontevedra en 2015 é para Nova Xestión Cultural unha honra. Non hai moitas iniciativas en Galicia que movan tanta xente ao redor da lectura como este Salón, e cun tema como “Da ciencia á ficción” e difícil resistirse.

Contamos coa colaboración de moita xente para desenvolver varios obradoiros, e estámoslle moi agradecidas a todos/as: Manuel Vicente, César Goldi, Martin Pawley, Mimadriña, Ángel Guerra (CSIC), Vermislab, Deborah García Bello (Dimetilsulfuro), Cestola na Cachola e Iñaki Quenerapú.

Temas como o calamar xigante, as relacións entre arte e ciencia, os gazapos científicos no cine, a vida extraterrestre, pasando por Julio Verne e as viaxes no tempo co origami foron os que tomaron forma a través de diversos obradoiros para nenos e nenas, familias, profesores/as, ao longo dun mes de moita actividade no Salón. Grazas ao Pazo da Cultura de Pontevedra por confiar en nós!

 

SONY DSCangel guerra barja e vicente cestola manuel e goldi