quen somos

En Nova Xestión Cultural somos así:

-Pensamos que a cultura non é un sector pechado, é transversal e multidisciplinar;  é ciencia, é arte, é educación…

-Cremos na cultura aberta e na lingua como sinais de identidade e ferramentas de creación.

-Somos dúas persoas que traballan en rede con moitas persoas de diferentes eidos. Todo se relaciona con todo.

-Axudamos a institucións e  administracións públicas a deseñar e implementar proxectos culturais que promovan o benestar das persoas,  a economía social, a defensa do medioambiente e a igualdade.

-Facemos o que nos peta. Non temos nin xefxs nin horarios. Non hai xerarquías, pero si responsabilidades.

-Traballamos dende casa, non temos oficina. En realidade, traballamos dende calquera lugar.

-Coidamos dos proxectos e da xente coa que traballamos.

-Viaxamos e observamos, ver con outra mirada a nosa propia realidade.

redes aprender