Teño unha idea e… agora que?

En tempos onde todo o mundo fala e opina, faise máis necesario escoitar aos que realmente saben. Nova Xestión Cultural colaborou neste ciclo desenvolto na Cidade da Cultura en 2014 a través de dúas charlas: “Emprender non é necesariamente crear unha S.L, novos modelos para a innovación social”, impartida polo recoñecido avogado Javier de la Cueva e “Empresa, cultura e valor: responsabilidade social corporativa” polo experto neste tema (e en comics!) Juan Royo.

Dous grandes expertos e profesionais de materias tan diferentes, pero tan complementarias, como son as licenzas libres e a responsabilidade social empresarial aos que tivemos a grande honra de coñecer.

 

JUAN ROYO PICJAVIER DE LA CUEVA